musi.gal é unha plataforma didáctica dixital que aposta pola música feita en Galicia. En musi.gal poderás achegarte aos contidos dos programas emitidos en TVG como Alalá ou Musigalité e tamén a apostas dixitais como Intermusic.

musi.gal permite sincronizar a narrativa principal co contido extra (contido aumentado), tamén coa emisión da televisión e crear narrativas diferentes en función do usuario. O contido principal está asociado en determinados puntos co contido aumentado, que se considera de interese ou información a maiores para poder entender mellor a historia. Desta forma, o usuario pode ver o contido principal tal cal está ou ir visualizando as achegas a través do contido aumentado. O usuario nunca perderá o punto onde estaba antes de elixir un contido aumentado; ao pechar o mesmo, sempre volverá ao punto da narrativa principal.

Polo aniversario dos 10 anos de Alalá, recuperáronse, para un gran número de programas, material inédito, pezas completas de cada intérprete e material transversal. Deste xeito, creouse un mapa de capítulos aumentados. O resto de programas de Alalá tamén está dispoñible por temporadas (T1, T2, T3, T4, T5, T6 e T7).

Musigalité foi a primeira experiencia de TVG 360º en que o contido aumentado estaba sincronizado co contido emitido en TVG. Na experiencia de Musi.gal pódese volver  gozar do capítulo principal coa narrativa aumentada.

Intermusic é o primeiro programasobre música que se emite directamente na web. Narra as aventuras dun cuarteto de música clásica nova que realizan o Interrail, co obxectivo de demostrar que a música é unha linguaxe universal.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información. ACEPTAR